7.3. Navegador
Na visualización dos diferentes informes en formato HTML a aplicación utiliza o navegador por defecto do sistema. Se se desexa utilizar un navegador distinto ou o sistema non ten asociado ningún navegador por defecto, entón:
- Seleccionar a opción Utilizar o seguinte navegador.
- Utilizar o campo que se atopa a continuación para introducir a ubicación do navegador (ruta cara o ficheiro executable). Tamén se pode utilizar o botón Examinar para abrir unha ventá de explorador de arquivos e utilizala para localizar o arquivo.