O informe resumo é un informe en formato HTML que mostra o resultado resumo da análise do proxecto.
O informe resumo divídese en dúas partes:
- A primeira consiste nunha táboa cos parámetros do ámbito da análise e outra táboa resumo de resultados do analizador.
- A segunda parte é unha listaxe para cada punto de verificación, incluído na análise, na que se contabiliza o número de problemas automáticos e manuais de cada unha das páxinas.