A revisión manual dunha análise permite validar os problemas atopados. Aínda que a validación debe limitarse ós problemas de tipo manual, a ferramenta permite, tamén, modificar a validez dos problemas de tipo automático. Unha vez realizada a análise a persoa avaliadora debe revisar os problemas manuais detectados pola ferramenta e indicar se cumpren ou non o punto de verificación.
O estado de validez, dun problema, pertence a unha das seguintes categorías:
Pasa,
Falla,
Sen revisar,
Descoñecido,
Non é aplicable.

O estado de validez pódese modificar a nivel de punto de verificación, comprobación e problema. Se se modifica o estado de validez dunha comprobación, modificarase o estado de todos os seus problemas. Se se modifica a nivel de punto de verificación, modificaranse as súas comprobacións e polo tanto os problemas pertencentes ás súas comprobacións.
Para modificar o estado de validez, unha vez seleccionado o elemento a validar, débese acudir dentro do menú Revisión , ó submenú Validez ou directamente sobre o submenú Validez existente no menú contextual asociado.
A modificación inflúe no resultado, do seguinte xeito:

Ademais, TAW , permite inserir un comentario que detalle o motivo da modificación do estado, para isto utilízase a opción de Anotar resultado , que se atopa no submenú Validez ou na opción Táboa de verificación. O comentario engádese, sempre, a nivel de punto de verificación, independentemente do lugar dende o que se acceda (comprobación ou problema).
A ventá de anotación mostra o punto de verificación que se vai anotar. Disponse de un compoñente de selección para modificar o estado de validez e un botón para acceder á comprobación visual. Xusto debaixo inclúese un cadro de texto que permite escribir a anotación. Gárdanse os cambios pulsando sobre o botón Aceptar ou desbótanse pulsando sobre o botón Cancelar .