4.2. Detalle resultados

As pestanas prioridade conteñen un informe detallado dos problemas atopados. Cada unha das pestanas mostra unha táboa de nodos despregables que agrupa os problemas unha mesma prioridade (1,2,3). Unha táboa de nodos despregables é aquela na que existe unha columna que permite expandir o seu contido como novas ringleiras na táboa.

Captura da vista de Prioridade en detalle
1. Nodo prioridade. 2.Nodo punto de verificación. 3. Nodo comprobación. 4. Nodo problema. 5. Código fonte da páxina analizada.

Os diferentes nodos existentes, en orde de profundidade, son:

Debaixo da táboa prioridade móstrase o código fonte da páxina seleccionada na táboa resumo. Cada vez que se seleccione un nodo problema o código fonte posiciónase sobre a liña na que se produce o erro e resalta a etiqueta.