Na pestana Resumo disponse de unha táboa na que se mostra, para cada páxina,o número de problemas detectados.
1. Columnas prioridade. 2. Columna url. 3. Problema automático. 4. Problema manual. 5. Número de páxinas analizadas. 6. Botón páxinas non analizadas. 7. Código fonte da páxina analizada.
Indicarase para cada columna prioridade o número de problemas automático, e separado por "/", o número de problemas manuais. Na derradeira columna, columna url, mostrarase a dirección da páxina analizada.
Na táboa resumo inclúense todas as páxinas analizadas independentemente da detención ou non de problemas.
A continuación da táboa resumo existe unha área de notificación que indica o número total de páxinas analizadas. Ademais o botón Páxinas non analizadas permite acceder á listaxe de aqueles enlaces que non puideron ser analizados.
Por último atopamos unha área de texto co código fonte da páxina seleccionada.