3.4. Casos especiais de análise de páxinas
- Páxinas con marcos: A análise dunha páxina con marcos realízase sobre a páxina que define os marcos. Cada un dos documentos incluídos nos marcos inclúese como páxinas posibles a analizar, comprobarase se cada un dos documentos cumpre os parámetros de exploración indicados (tipoloxía, profundidade e número máximo).
- Páxinas con redirección meta: Durante a análise dunha páxina que inclúe unha redirección implementada mediante a etiqueta meta, desactívase a redirección e analízase o código da páxina. Ademais compróbase se a url da redirección cumpre os parámetros de exploración, en caso afirmativo engádese para a súa posterior análise.