3.3. Executar o analizador
A execución do analizador contrólase cos seguintes botóns.
Os botóns de acción provocan e modifican a execución do analizador do seguinte xeito:
-
Analizar:
Executa o analizador cos parámetros actuais.
-
Reanalizar:
Reanaliza unha páxina conectándose de novo ó servidor.
-
Parar:
Detén o analizador ó rematar a análise da páxina actual.
-
Pausar:
Suspende momentaneamente o analizador, ó rematar a análise da páxina actual, coa posibilidade de posteriormente detelo completamente, coa opción
Parar , ou restauralo coa opción,
Analizar.