3.2. Configuración de pautas

Captura da ventá de configuración de Pautas

A configuración de pautas permite seleccionar qué puntos de verificación serán comprobados ó realizar a análise das páxinas.

Na parte superior da ventá existen 4 selectores.

Os diferentes puntos de verificación están agrupados por prioridade en diferentes pestanas, unha por cada prioridade predeterminada e unha pestana adicional que conterá todas aquelas comprobacións creadas polo usuario. Sobre cada unha das pestanas existe un menú contextual que nos permite seleccionar ou deseleccionar todos os puntos de verificación pertencentes á prioridade na que nos atopemos.

Unha vez creada unha configuración personalizada pode gardarse nun arquivo e posteriormente recuperarse permitindo dispoñer dun repositorio de análises predefinidas.

Acceder á ventá de configuración mediante a opción de menú Pautas... ou o botón Botón Pautas Pautas do analizador.

Comprobacións de usuario

Captura da ventá de comprobacións de usuario

Ademais das Pautas de Accesibilidade do Contido Web 1.0 ( WCAG 1.0) pódense definir comprobacións personalizadas que complementen as ditas pautas. Unha comprobación de usuario ou personalizada componse dunha cadea de busca (expresión regular) que se aplica a unha ou máis etiquetas HTML.

Para eliminar unha comprobación debe seleccionarse cal é no menú despregable Comprobacións e pulsar sobre o botón Eliminar .

Para modificar unha comprobación de usuario seleccionar a comprobación a modificar no menú de Comprobacións. Unha vez seleccionada introducir os novos valores nos campos. Para manter os cambios pulsar sobre o botón Aceptar ou Aplicar e se se desexan anular os cambios, pulsar sobre o botón Cancelar .

Creación dunha expresión regular dende o asistente

O asistente permite crear expresións regulares básicas a partir dos seguintes datos:

Captura do asistente de expresións regulares