3.1. Ámbito da análise

O ámbito da análise contrólase coas dúas primeiras ringleiras de compoñentes existentes no analizador.

Captura dos controis de análise

O ámbito da análise define qué páxinas se van a analizar, para isto:

  1. Introdúcese a dirección da páxina inicial da análise no campo URL . Se a páxina é un ficheiro local, entón pódese pulsar sobre o botón Botón abrir ficheiro local situado á súa dereita e acceder a unha ventá de exploración de arquivos. No explorador de arquivos selecciónase o ficheiro a analizar.
  2. A continuación indícanse os parámetros de exploración consistentes en: tipoloxía de enlaces, profundidade e número máximo de páxinas.
  3. Unha vez introducidos valores para os parámetros de análise poderase executar o analizador mediante o botón Analizar.

Se non é posible conectarse á páxina inicial a aplicación mostrará un diálogo de aviso.

Durante unha análise multipáxina o resto das páxinas ás que non se poida conectar engadirase a unha listaxe de páxinas non analizadas, que se visualiza dende o botón Páxinas non analizadas ubicado na parte inferior dereita da pestana resumo