2.3. Analizador
Cada unha das pestanas "analizador" proporciona a seguinte información.
1. Ámbito da análise. 2.Botóns de acción. 3. Configuración do analizador. 4.Resultado da análise. 5. Código fonte da páxina analizada. 6. Barra de estado.
Na parte superior do analizador definese o ámbito da análise. Este consiste nos seguintes parámetros:
- a URL inicial,
- a tipoloxía de enlaces a seguir (que relación se mantén entre os enlaces a analizar),
- o número máximo de niveis a seguir, e
- o número máximo de páxinas a analizar.
A continuación dispóñense unha serie de botóns separados en dous grupos e aliñados ós laterais da pestana.
- O grupo xustificado ó lateral esquerdo son os botóns de acción do analizador:
Analizar,
Reanalizar,
Parar e
Pausar.
- O grupo xustificado ó lateral dereito, agrupado baixo o título Configuración analizador , controla a configuración dese analizador. Mediante o botón
Informes accédese ós parámetros de configuración relativos a informes, e o botón
Pautas permite seleccionar os puntos de verificación que se comproban ó realizar a análise.
A parte central está formada por un compoñente de pestanas no que se mostra o resultado da análise.
- Na primeira pestana, a pestana resumo, móstrase un extracto co número de problemas atopados durante a análise para cada unha das páxinas.
- As restantes pestanas, pestanas de prioridade, conteñen o detalle dos problemas detectados na páxina seleccionada na táboa resumo en función das prioridades establecidas polas Pautas de Accesibilidade ó Contido na Web 1.0 ( WCAG 1.0).
Na parte inferior do analizador atópase unha barra de estado con:
- O nome do analizador.
- Un indicador do nivel de pautas utilizado na análise. Mostra A, AA, AAA, Personalizado de acordo co nivel de análise configurado.
- Á dereita un sinal de estado modificado. Mostra MOD,
en cor negra, se hai cambios sen gardar, e mostra MOD,
en cor gris, se non se modificou dende a última vez que se gardou o proxecto.
Sobre cada unha dos analizadores existe un menú contextual coas seguintes opcións:
- Pechar: Pecha o analizador seleccionado. Esta opción ten o mesmo efecto que pulsar sobre a aspa de peche.
- Pechar outros: Pecha todos os analizadores agás o seleccionado.
- Pechar todos: Pecha todos os analizadores.
-
Cambiar nome: Cambia o nome do analizador. Por defecto ó crear un novo analizador este ten por nome Analizador X, onde X é un número enteiro. Renomeando a pestana, por exemplo co dominio da web que se analiza, facilítase a diferenciación entre os distintos analizadores que se atopan abertos.