2.1. Barra de menús
As diferentes opcións que permiten os menús despregables son:
-
Menú Arquivo
- Novo: Crea un novo analizador.
- Abrir: Abre un proxecto gardado anteriormente nunha pestana baleira.
- Gardar: Garda os resultados dunha análise nun formato de arquivo propio (*.taw).
- Pechar: Pecha a pestana que se atopa nese momento seleccionada.
- Pechar todos: Pecha todas as pestanas.
- Saír: Pecha la aplicación TAW.
-
Menú Informes
- TAW: Crea o informe TAW da páxina seleccionada no analizador.
- EARL : Crea o informe EARL da páxina seleccionada no analizador.
- Resumo: Crea o informe resumo de todas as páxinas analizadas.
-
Menú Revisión 
- Submenú Validez: Permite indicar o resultado da revisión manual dos problemas atopados
- Pasa: O problema atopado non provoca un erro na accesibilidade.
- Erra: O problema atopado incumpre o punto de verificación ó que pertence. Todos os problemas de tipo automático son considerados por defecto como erro.
- Sen Revisar: Ese punto de verificación non foi avaliado pola ferramenta. As recomendacións de carácter xeral teñen esta validez.
- Descoñecido: O problema atopado non é posible determinalo e require a revisión manual polo usuario. Todos os problemas de tipo manual por defecto son asignados a este valor.
- Non é aplicable: A comprobación realizada non é aplicable a dito elemento.
- Anotar resultado: Permite engadir un comentario ó punto de verificación.
- Técnicas: Mostra a axuda sobre o punto de verificación seleccionado.
- Comprobación visual: Mostra a páxina analizada na que se resaltan unha serie de elementos para axudar na avaliación dos problemas manuais.
- Táboa verificación: Listaxe dos puntos de verificación comprobados durante a análise indicando a súa validez, e proporcionando acceso tanto á Comprobación visual, como á opción Anotar resultado.
-
Menú Configuración 
- Pautas: Selección dos puntos de verificación para analizar.
- Comprobacións de usuario: Creación e xestión das comprobacións creadas polo usuario.
- Informes: Configuración de parámetros de informes.
- Preferencias: Configuración de parámetros xerais a toda a aplicación (Ex: idioma, conexión a través de proxy).
-
Menú Axuda
- WCAG 1.0: Mostra o documento Pautas de Accesibilidade do Contido Web 1.0.
- Manual usuario: Mostra este documento.
- Acerca de: Información sobre a aplicación.