TAW son as siglas de Test de Accesibilidade Web. A aplicación TAW analiza a accesibilidade de sitios web, alcanzando dunha forma integral e global a todos os elementos e páxinas que o compoñen.
Comprobar o nivel de accesibilidade acadado no deseño e desenvolvemento de páxinas web co fin de permitir o acceso a todas as persoas independentemente das súas características diferenciadoras.
Público en xeral e especificamente profesionais de campo como webmasters, executadores, deseñadores de páxinas web,etc.
Facilitar o acceso á información, contida nos sitios web, sen ningunha limitación por razón de deficiencia, eiva ou tecnoloxía utilizada sen que interfiran, por exemplo:
A accesibilidade mellora o acceso á web en xeral, non é de interese unicamente para persoas con discapacidade.
O TAW baséase, para a realización das análises, nas regras desenvolvidas polo WAI (Web Accessibility Initiative), pertencente ó W3C . Estas regras, denominadas Pautas de Accesibilidade ó Contido Web 1.0, compóñense de catorce pautas que definen os comezos do deseño accesible. Cada unha destas pautas divídese en un ou varios puntos de verificación.
Os puntos de verificación explican cómo se aplica a pauta no desenvolvemento de contidos web. Cada punto de verificación pretende ser o suficientemente específico, como para que calquera que revise unha páxina ou sitio poida comprobar que o dito punto foi satisfeito.
Para máis información acceder ó documento Pautas de Accesibilidad del Contenido Web 1.0