Introduza a dirección Web e o nivel de análise.
O motor da análise do TAW3 está dispoñible en diferentes ferramentas de forma que os usuarios poidan escoller e empregar aquela que mellor se axeite ás súas necesidades.
A versión descargable do TAW é unha aplicación de escritorio multiplataforma que complementa e amplía a funcionalidade do analizador Web. TAW3 segue os enlaces dos documentos de forma que permite analizar dende unha única páxina ata sitios Web completos.
TAW3 permite a selección dos puntos de verificación a comprobar así como a creación de novas regras personalizadas. Ademais, pode crear diferentes tipos de informes sobre o resultado da análise.
Para unha información máis completa sobre o funcionamento da ferramenta consulte o manual de usuario de TAW3.
Java Web Start é unha tecnoloxía para o despregue de aplicacións baseadas en linguaxe Java. Java Web Start permite executar aplicacións mediante un único "clic" dende un navegador Web. Ademais executando a aplicación mediante Java Web Start sempre utilizarás a última versión dispoñible. A versión TAW mediante Java Web Start dispón da mesma funcionalidade que a versión descargable.
TAW3 nun clic é unha extensión para Firefox que permite verificar online, cun só clic, a accesibilidade dos sitios Web que visitas utilizando o servizo TAW3 Online.
Unha vez que instalamos con éxito TAW3 nun clic, aparecerá a súa icona na barra de estado do navegador e poderemos facer unha análise de accesibilidade da páxina Web que esteamos a visualizar nese momento simplemente facendo clic nesa icona.
Poderemos tamén cambiar as opcións de configuración mediante o menú contextual que aparece ó facer clic co botón dereito sobre a icona.